A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

As funcións ‘Maxia na rúa: maxia no camiño’, tamén nos concellos do Barco e da Rúa

A programación do festival Galicia Ilusiona contempla 7 grandes galas internacionais de maxia coa presenza dos mellores magos e magas do mundo, que en Ourense se desenvolverá o 1 de outubro

Presentación da Gran Gala da Maxia.

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona que se desenvolverá o sábado, 1 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense e na que participarán cinco dos mellores ilusionistas do mundo: Hyunjoon Kim (Corea), Sebastian Dethise (Bélxica), Dania Díaz (Venezuela), Jimmy Delp (EEUU) e Dani Polo (Galicia). As entradas teñen un prezo único e reducido de 12€ e están á venta na web do festival.

Para Gabriel Alén este Xacobeo 21-22 busca a implicación de toda a sociedade na súa programación cultural con actividades espalladas por todo o territorio galego, xa que o Camiño de Santiago é o mellor reclamo turístico de Galicia. Ademais o Xacobeo tamén está vinculado con actividades relacionadas co deporte, a natureza, o patrimonio, a cultura, a gastronomía, e neste caso, maxia.

O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona inclúe nos seus dous meses e medio de duración espectáculos dirixidos ao público familiar en emprazamentos céntricos dos concellos galegos para mostrar a maxia que ten Galicia a veciños e a visitantes neste Xacobeo 21-22.

A programación do festival, ademais destas 7 grandes galas internacionais de maxia levadas a cabo nas 7 grandes cidades, coa presenza dos mellores magos e magas do mundo, acolle tamén 7 desafíos extremos levados a cabo nas 7 grandes cidades; as funcións Maxia na Rúa: Maxia no Camiño, que se leva a cabo nos concellos de Barbadás, Ribadavia, O Barco de Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Coles, Celanova Maceda, Pereiro de Aguiar, Leiro, Maside, San Cibrao das Viñas, Verín e Xinzo de Limia; e a gala Maxia Solidaria, o 30 e 31 de setembro na Unidade de Pediatría do CHOU, destinado aos rapaces e parazas que polas súa circunstancias non poden acudir ao espectáculo.

 

 

O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona

Un dos obxectivos deste festival é ser un referente a nivel nacional, polo que se pretende elevar a arte da maxia a un novo nivel. Trátase dun dos festivais máis ambiciosos de Europa (en canto a número de accións, artistas e duración) coa posibilidade de que a marca Galicia sexa moi potenciada a todos os niveis. Debido a isto, búscase crear unha experiencia única e espectacular, atendendo polo miúdo a cada un dos detalles.

A nivel artístico, é fundamental potenciar tres factores: contar coa presenza dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento e do mundo, priorizar a igualdade neste mundo emerxente, coa presenza de Magas e Magos, en todas as accións que se levarán a cabo, e apostar pola maxia galega, contando con magos e magas galegos/as para unha boa parte dos espectáculos.

A nivel técnico, cóntase cos mellores e máis actuais equipos posibles. Toda unha exhibición de luz e son, con presenza de pantallas led e efectos especiais, tales como explosións pirotécnicas controladas ou canons de confeti, serán un dos puntos fortes que complementen os actos dos mellores magos do mundo na Gran Gala Máxica Internacional.

O festival ten unha duración de dous meses e medio, comezando o día 1 de agosto e rematando o 15 de outubro. Durante o mes de agosto terán lugar os desafíos de maxia extrema e grande parte das actuacións en concellos, aproveitando así os exteriores.

Durante setembro e outubro, a maxia inundará os teatros e auditorios coas galas internacionais, ao tempo que se manteñen actuacións en concellos.

Artigos relacionados

Back to top button