OurenseÚltima hora

As novidades na investigación sobre a figura de Otero Pedrayo, nas xornadas “Abril Oteriano”

 

O Liceo de Ourense acollía no mediodía deste 23 de abril a inauguración dunha nova edición do Abril Oteriano, por parte da Fundación Otero Pedrayo. Estas xornadas que naceron coa vontade de “revisar as novidades no mundo da investigación ao redor da figura e da obra do polígrafo que foi don Ramón Otero Pedrayo”.

Abría o acto o presidente da Fundación, José Eduardo López Pereira, quen agradeceu a presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e do alcalde de Amoeiro, Luís González. Pereira comezou a súa intervención anunciando que o vindeiro 26 de xuño, se lle concederá o Premio Trasalba, ao economista, escritor e político Carlos Mella Villar. A Comisión de Goberno da Fundación, por unanimidade, concedeulle o esta distinción “en recoñecemento ao seu compromiso e traxectoria vital, na que destacan a entrega á causa da cultura galega”.

As doce e media tomaban a palabra os especialistas na obra e na vida oteriana. A primeira intervención, “Oratoria pública e resistencia idiomática: Otero Pedrayo como referente durante o franquismo”, correu a cargo do profesor da USC Henrique Monteagudo. Ao longo da xornada interviñan tamén Xosé Manuel Salgado coa conferencia “Contra el filo del río: unha novela inédita de Ramón Otero Pedrayo. Notas dun lector clandestino”; Miguel Anxo Seixas baixo o título da intervención “Castelao e Otero Pedrayo amigos certos”; e Xesús Alonso Montero, que pechou a xornada ás 19:15h baixo a conferencia “A inmensa e prodixiosa literatura epistolar de don Ramón Otero Pedrayo”.

Fotos: Fundación Otero Pedrayo.

Artigos relacionados

Back to top button