DeportesFútbolÚltima hora

As obras de remodelación do Bañadoiro obrigarán ao CD Córgomo Vilamartín a adestrar e xogar varios partidos en Viloira (O Barco)

Imaxe do primeiro adetramento do CD Córgomo Vilamartín no Bañadoiro./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Nas vindeiras semanas comezarán as obras de remodelación da área recreativa O Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras. Un proxecto que afecta directamente ao campo de fútbol polo que o Club Deportivo Córgomo Vilamartín que se estrea este ano na competición, terá que cambiar de lugar de adestramentos e xogo durante o tempo que dure, desprazándose ata o Campiño de Viloira, no Barco.

Tal como indican dende o club, nun principio estaban programadas para os meses de verán de 2023 polo que non ían afectar ao desenvolvemento da tempada, pero dende o Concello informáronlles da nova data esta mesma semana, tendo que avisar a socios e colaboradores dos cambios.

En principio os cambios afectarían a 2-3 partidos de liga como locais que terán que disputar en Viloira, aínda que dende o club teñen claro que este tipo de intervención adoita extendense polo que seguramente sexa algún máis.

 

Campo de fútbol do Bañadoiro en Vilamartín de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Sexa como for, dende o club piden disculpas aos colaboradores polas “molestias que esta situación lles poida ocasionar”, e agradecen tanto ao Centro de Deportes Barco (especialmente ao presidente Nilo Ramos e a Agustín Rellán) como ao Concello do Barco, a cesión das instalacións deportivas de Viloira nestes momentos. “Acolléronnos moi ben e estamos moi contentos porque boa parte do noso plantel xogamos no Barco, co cal é como volver a casa”, di Jorge Guitián, xogador e directivo do CD Córgomo Vilamartín.

Con respecto á obra en si e tal como avanzan nede o club, os cambios do paseo afectan directamente ao campo que se desprazará uns 20-25 metros e terá unhas dimensións finais un pouco inferiores ás actuais, tendo pendente dunha reunión co alcalde, Enrique Álvarez, para informarse dos detalles.

 

Artigos relacionados

Back to top button