CulturaCulturaÚltima hora

As orixes de Valdeorras, na tertulia do IEV o 4 de novembro no Casino do Barco

Mañá proxectarase o filme 'Valdeorras' producida en branco e negro en 1975

 

Mañá volven as tertulias do Instituto de Estudos Valdeorreses ao Casino do Barco. Será a partir das sete e media da tarde no primeiro andar do Casino e nesta ocasión xirará en torno ás orixes de Valdeorras.

O programa arrancará coa benvida por parte dos presidentes do Casino e do  IEV, Pablo Dobao e Aurelio Blanco Trincado, respectivamente, e de seguido proxectarase o filme ‘Valdeorras’, producida polo IEV en 1975, cun percorrido pobo a pobo pola comarca de hai medio século. A peza está gravada en branco  e negro e ten unha duración de 30 minutos.

Trala proxección terá lugar a tertulia-comentario sobre as orixes de Valdeorras e unha declamación poética a cargo de Fernando Santos, membro do IEV.

O acto inclúe unha exposición de ampliacións de fotos do grupo ‘Los Escarbadores’, protagonistas e descubrimentos.

Artigos relacionados

Back to top button