ConcellosÚltima horaXinzo de Limia

As tropas de Décimo Xuño Bruto volven pasar o río Lethes

Esta recreación é un dos actos centrais da XXIII Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia

 

Dous mil anos atrás no tempo viaxaba nesta fin de semana Xinzo de Limia para lembrar o seu pasado romano. A vila celebra, cunha chea de actividades e propostas, dende o venres a XXIII Festa do Esquecemento, que neste domingo 20 de agosto chegaba a un dos seus actos centrais e multitudinarios coa recreación do paso do río Lethes por parte das tropas de Décimo Xuño Bruto.

 

 

As tropas romanas chegaban en torno ás 17:30h. situándose na beira esquera do río Lethes/Limia para comezar a recreación histórica. Logo de que o comandante animara aos seus soldados, facendo caso omiso da lenda que falaba de que se borraría a memoria aqueles que pasaran a corrente, empezou a cruzar o río en primeiro lugar, estandarte en man. Despois, ía chamando aos seus homes un por un para demostrarlles que non perdera a memoria.

Despois del, cruzaba a lexión enteira, ata chegar á outra beira onde os esperaban as topas castrexas que oporían resitencia, comenzando a mítica batalla entre os romanos e as tribus locais que acababan perdendo trala morte do seu líder. Esta recreación seguida por un numeroso público que non perdía detalle.

 

 

Trala vitoria dos romanos, a festa continuaba con música no campamento e co desfile de ámbolos dous bandos e a loita de gladiadores e máis actuacións musicais.

A Festa do Esquecemento é unha iniciativa organizada pola A.C. Civitas Limicorum en colaboración co Concello de Xinzo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button