ConcellosÚltima hora

Asfaval recolle o certificado de calidade de Aenor

 

Un certificado de calidade é un documento que acredita a competencia dunha determinada organización para prestar servizos ou fabricar produtos dentro das regras e estándares preestablecidos por un organismo regulador. A Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras (ASFAVAL) estaba certificada dende o 2021, e neste ano 2023 vén de cambiar de entidade certificadora. Así neste xoves recibía o certificado de calidad de Aenor da man do director da súa sede en Galicia, José Enrique Rodríguez Coello, que se desprazaba ao Barco.

 

 

“Un certificado define un ecastándar de como realizan as cousas ben nunha organización de calquera tipo. Nós como entidade certificadora vimos verificar que se cumpren eses requisitos, e cada ano pasaremos por aquí. Isto é algo que vai evolucionando, pásase nun nivel de cumprimento a outro de mellora continua”, indicaba

“Coa anterior certificadora estabamos contentos, pero decidimos de empresa pola calidade dos servizos e polo prestixio de Aenor”, sinalaban no acto dende Asfaval.

A certificación é unha decisión voluntaria “por parte de calquera tipo de organización, isto significa que se teñen que cumprir uns baremos contrastados, o noso traballo é transmitirlle confianza a quen recibe os servizos neste caso de Asfaval. Hai unha supervisión por alguén especializado e de recoñecido prestixio”, concluía Rodríguez Coello.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button