En portadaÚltima hora

Así afectará a V Subida Valdeorras ao aparcamento e ao tráfico no Barco e Viloira dende o xoves

Esta proba, que forma parte do Campionato de España de Montaña, celebrarase do 23 ao 25 de xuño

 

 

No marco da celebración na vindeira fin de semana da V Subida a Valdeorras no municipio do Barco, haberá unha serie de medidas que afectarán tanto ao aparcamento como á circulación en diversos puntos do municipio. Así, dende o próximo xoves, 22 de xuño, procederase a retirar vehículos das rúas Barco de Ávila (ata Regueiral) e do aparcadoiro do paseo do Malecón, segundo informa a Policía Local. É dicir, non se poderá aparcar nesa área ata o venres 23 a última hora, na que se permitirá volver a facelo.

 

 

Tamén se liberará de vehículos dende o xoves a zona de Viloira e ademais haberá restricións de circulación e cortes durante a fin de semana, 24 e 25 de xuño, para a veciñanza nesta localidade. Os vados están todos sinalizados. Ademais recoméndase á veciñanza que, se van usar os seus vehículos, procuren deixalos fóra desa zona, en puntos habilitados como o Campiño de Viloira. “O tramo da praza Otero Pedrayo ata o cemiterio vai quedar bloqueado para vados, garaxes e non se vai poder entrar nin saír en todo o sábado e ata o domingo a media tarde, vai estar completamente cortado”, indica a Policía Local do Barco.

Por outra banda, dende a praza de Viloira ata a farmacia vai quedar un carril central de circulación co fin de dar saída aos vehículos procedentes da estrada de Santigoso e para os garaxes e persoas de Viloira que teñan que entrar e saír deste punto, pero a zona do cemiterio estará completamente bloqueada”, matizan dende a Policía Local.

Cortes de estradas

A travesía do Barco, coñecida como estrada xeral, permancerá cortada ao tráfico na tarde do venres 23 de xuño, entre as 19:30h. e as 21h., aproximadamente, con motivo da cerimonia de saída e presentación de equipos da Subida a Valdeorras.

Ademais a organización da proba, en mans da Escudería Valdeorras, pechará ao tráfico a estrada OU-121 o sábado 24 a partir das 9:30h. e ata que remate a última manga (o horario non está concretado). Só poderá accederse a esa estrada por rutas alternativas, que a organizacion sinalizará.

No caso do domingo, a estrada cortarase ao tráfico ás 8:30h. e volverá a abrirse cando remate a última manga da proba.

Artigos relacionados

Back to top button