ConcellosO BarcoÚltima hora

Atopado un home falecido nun regato en Vilariño (O Barco)

 

Rozando as 18:30h. desta tarde de 31 de outubro o 112 Galicia recibía o aviso de que unha persoa caira nun regato na zona de Vilariño (O Barco) e de que podía estar falecida. “Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112 Galicia activouse un operativo para o que se solicitou a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e do GES de Valdeorras, da Garda Civil e dos axentes da Policía Local do Barco de Valdeorras”, segundo informa o 112 Galicia.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento do home, segundo facía público o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button