A GudiñaConcellosÚltima hora

Atropelada unha muller no centro da Gudiña

 

Unha muller tivo que trasladada na tarde de onte para recibir atención sanitaria tras ser alcanzada por un vehículo, na localidade ourensá da Gudiña. “Varias testemuñas do atropelo chamaron, ás oito da pasada tarde, ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica para a vítima, na estrada N-525, ao seu paso polo centro do municipio”, segundo 112 Galicia.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) informaron aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicial (GES) da Gudiña cuxos membros, unha vez no lugar dos feitos, comunicáronlle ao 112 que a muller tivo que ser trasladada ao Hospital de Verín.

“O persoal de mantemento de estradas e o Centro de Xestión de Tráfico tamén foron alertados do accidente, desde o CIAE-112, co fin de restablecer a seguridade da vía”, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button