Dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de emitirse un aviso amarelo por tormentas “ocasionalmente con pedra” a partir das 15h. da tarde deste venres 29 de maio na provincia de Ourense. En concreto as zonas de risco son a montaña ourensá, o sur e o noroeste da provincia, así como o Miño en Ourense.
A probabilidade é de entre o 40 e o 70% e estímase que o fenómeno meteorolóxico finalizaría a partir das 21h.