EconomíaEconomíaÚltima hora

Axudas para a comercialización de gando caprino e ovino de Galicia

Estas achegas buscan paliar as dificultades do sector durante a crise sanitaria da covid-19

Imaxe de gando caprino.

 

As explotacións de gando caprino e ovino de Galicia poderán recibir unha axuda máxima de 62.952 euros para paliar as dificultades de comercialización durante os meses de marzo e abril, a causa da situación de crise sanitaria derivada da covid-19. As achegas proveñen dos Orzamentos Xerais do Estado e a orde que as regula publícase hoxe, 17 de agosto, no Diario Oficial de Galicia. As axudas concederanse a todos os produtores que presenten en prazo a solicitude e cumpran os requisitos establecidos.

Os beneficiarios destas achegas serán aquelas persoas físicas e xurídicas que conten cunha explotación deste tipo de gando e presentasen este ano a solicitude única da PAC. Isto é, da orde que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control. Na mesma liña, deberán beneficiarse ademais do pago das liñas de axuda por ovella e cabra que regula esa orde da Política Agraria Común.

Os interesados tamén terán que estar inscritos no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA), cunha clasificación zootécnica de producción de máis de 10 femias reprodutoras conforme a última declaración censal. A maiores, os solicitantes deberán facer constar nunha declaración responsable se teñen concedidas axudas en réxime de minimis neste ano e nos dous anteriores no prazo máximo de dez días desde mañá, cando o texto publicado no DOG entre en vigor.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación tamén adoptou outras medidas para facer fronte á pandemia do coronavirus, coa redución do IRPF agrogandeiro, que supuxo un beneficio de 7 millóns de euros de beneficio para os galegos. Así mesmo, tamén realizou unha transferencia á xunta de 12,3 millóns de euros dos cales 9,8 millóns destináronse ao Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020.

Artigos relacionados

Back to top button