CulturaCulturaÚltima hora

Ayán presentará “Onde as rúas non teñen nome” o 7 de agosto no Lago de Carucedo

 

“Vou falar, na miña lingua materna, de oralidade, de memoria, de identidade, de trauma, de emigración, de guerra. Quizabes seguiremos sen saber como nos chamamos. Pero alomenos poderemos comezar a coñecer ao Outro e, de paso, coñecérmonos a nós mesmos. Coñecérmonos a Nós-outros”. Con estas palabras o arqueólogo Xurxo Ayán presenta ao lector o contido do seu libro “Onde as rúas non teñen nome” no propio limiar da obra.

Neste volume, escrito no 2007 pero que vén de publicarse no 2020 da man de Edicións Positivas, plasma a súa experiencia durante unha misión etnoarqueolóxica na fronteira entre Etiopía e Sudán, que marcaría por completo a súa forma de entender a arqueoloxía.

“Onde as rúas no teñen nome” presentarase o vindeiro 7 de agosto ás 19h. no Campo-Lago de Carucedo (O Bierzo), nun acto promovido por Edicións Positivas en colaboración co Castañeiro de Plinio. O seu autor Xurxo Ayán estará acompañado de Olga Novo, Paula Carballeira, Héctor Silveiro e o editor, Paco Macías.

Artigos relacionados

Back to top button