OurenseÚltima hora

“Baño de bosque” entre castiñeiros e carballos, en Parada de Sil

 

Entre castiñeiros e carballos de Parada de Sil, e máis en concreto na zona de Entrambosríos, desenvolvíase o sábado 14 de agosto un “Baño de bosque”, guiado por Xurxo López. Os paticipantes, membros dunha mesma familia e procedentes de Ceuta, quedaban “moi satisfeitos e agradecidos coa experiencia, que era a súa primeira vez”, din dende a organización da iniciativa, en mans da Reitoral de Chandrexa.

Para un percorrido de pouco máis de 1 km empregáronse 3 horas, o que denota que a lentitude é unha das características destoutra forma de mergullarse na natureza.

“Os baños de bosque/foresta son unha práctica de benestar baseada na natureza, con múltiples beneficios para unha saúde holística. A través dunha atención esperta dos sentidos favorécese unha conexión especial coa natureza e cun mesmo, que xera unha experiencia de calma, benestar e felicidade. A experiencia facilitada por un guía certificado permítenos acceder mellor e máis facilmente a estes beneficios”, din os organizadores do Baño de Bosque de Parada de Sil.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button