
O Concello de Barbadás vén de iniciar a campaña de limpeza e desbroce de terreos forestais. A normativa obriga a que os titulares dos terreos teñen que limpar devanditas zonas forestais. Segundo informan fontes consistoriais, a data para realizar os desbroces é o 30 de xuño.
A través de bandos repartidos por todo o municipio, o Concello lembrará á veciñanza que “tendo en conta a Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incencios Forestais de Galicia, a ordenanza municipal de xestión da Biomasa, os titulares dos terreos están obrigados á súa limpeza e desbroce”. O bando advirte tamén que o incumprimento da normativa conleva as sancións que procedan segundo a normativa.
En caso de incumprimento desta orde procederase á execución forzosa mediante a imposición de multas correctivas cuxa contía oscila entre 1.000 e 10.000 euros.
Segundo establece a normativa, debe de estar limpa unha faixa de 10 metros, é dicir, non debe haber nin maleza nin árbores. Nesta normativa especifícase tamén que, dende os 10 metros ata os 30 non pode haber maleza nin especies pirófitas (piñeiros, ecualiptos, acacias etc.). A lexislación recolle ademais que dende os 30 metros até os 50 metros, as fincas deben de estar sen maleza e as árbores ben separadas entre si, de xeito que non pode haber maleza ata os 50 metros dende o límite das casas.
A tramitación que se seguirá para facer cumprir as normativas vixentes serán por medio dunha orde de execución de obras para prevención de incendios forestais.