ConcellosÚltima hora

A Biblioteca de Verín, distinguida polo Parlamento Europeo

O seu proxecto de Voluntariado Cultural en Xoves vén de lograr o Alto Patrocinio do Parlamento Europeo
Voluntarios da biblioteca de Verín, co alcalde e a concelleira de Cultura./ Foto: Carlos Montero.
Voluntarios da biblioteca de Verín, co alcalde e a concelleira de Cultura./ Foto: Carlos Montero.

Os voluntarios son a alma da Biblioteca Municipal de Verín, os que fan posibles iniciativas como a Bibliopiscina, as actividades de contacontos ou as manualidades. E o seu traballo e ilusión vén de merecer un novo galardón. A través dunha carta, Martin Schulz, presidente do Parlamento Europeo, vén de notificarlle a esta instalación cultural a concesióin do Alto Patrocinio do Parlamento Europeo polo seu proxecto de Voluntariado Cultural en Xoves.

A través deste galardón, explican dende a biblioteca verinense, “o presidente do Parlamento Europeo avala un proxecto, apoiando unha iniciativa e prestando a imaxes desta institucióin europea”. Tamén contan que son moi poucas as iniciativas que o reciben ao cabo do ano, en España, “por exemplo, a Capela Real de Madrid ou a exposición Cidades de Europa do Concello de Tres Cantos. Nel valórase a calidade do proxecto, a súa repercusión na sociedade e ter dimensión europea. Así mesmo, tal e como destacou o proxecto da nosa iniciativa, aqueles actos ou proxectos onde participen rapaces novos ou con destino a estes”.

Na carta que lle remitía Schulz á Biblioteca Municipal de Verín tamén remarca “a alegría de premiar un proxecto de voluntariado de rapaces, combinado con eido cultural e onde arenga a nosa institución a seguir na senda do Fomento da Lectura entre as novas xeracións, en post dunha sociedade informada e cultivada intelectualmente”.

O vindeiro 5 de decembro a Biblioteca de Verín celebrará o acto do Día do Voluntariado Europeo, no que se renderá tributo aos seus voluntarios.

Artigos relacionados

Back to top button