En portadaÚltima hora

Bloggers e xornalistas especializados visitarán a D.O. Valdeorras

Esta viaxe promocional, que impulsa o Consello Regulador, terá lugar na primeira fin de semana de xuño

Co fin de coñecer a potencialidade do territorio da Denominación de Orixe Valdeorras, un grupo de bloggers, influencers e xornalistas especializados relacionados co mundo do viño viaxarán a Valdeorras na primeira fin de semana de xuño. Isto permitiralles descubrir as características e valores diferenciais dos brancos e tintos da comarca.

Este é a segunda viaxe deste tipo que se promove dende o Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Os participantes proceden de diversas cidades españolas tales como Barcelona, Madrid, Ponferrada ou Vigo.

“Tras o éxito da iniciativa impulsada o ano pasado, decidimos volver organizar un encontro destas características porque consideramos que esta acción promocional ten un gran retorno e contribúe moi directamente ao fortalecemento da marca Valdeorras”, sinala o presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando.

Os bloggers e xornalistas periodistas especializados visitarán viñas emprazadas en diferentes puntos da comarca, coa finalidade de coñecer in situ as particularidades do noso amparado pola D.O. Valdeorras. Ademais, está previsto que se despracen ata diferentes enclaves de interese turístico da zona, como pode ser o caso do Mosteiro de Xagoaza (O Barco), e que caten unha selección xenérica de brancos e tintos valdeorreses.

Artigos relacionados

Back to top button