ConcellosO BarcoÚltima hora

Bo ambiente de domingo na Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, no Barco

 

Tras un sábado desapacible e a ratos moi chuvioso, a mañá deste domingo 3 de setembro presentábase cunha temperatura agradable e ceos poucos nubosos polo que a xente aproveitou para visitar a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico que se está a desenvolver na praza do Concello do Barco de Valdeorras.

En horario de 11 a 14 e de 17 a 21 horas, 24 produtores e artesáns procedentes das Terras de Tras-os-montes, Viana do Castelo e Vilaflor (en Portugal); e de Valdeorras, A Coruña, Lugo e Terras de Trives (en Galicia), expoñen e venden os seus produtos.

Para a tarde está previsto un obradoiro de madeira a cargo de  “Artesanía Enxebre de Valdeorras” pero a actuación do grupo Iker Piris & His Dual Electras, prevista para as 13 horas foi cancelada.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button