EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Boa acollida da maridaxe de viños e tapas dirixida por Nacho Álvarez no Piquiño, no Barco

 

Unha trintena de persoas asistían na noite do 17 de decembro á cata maridaxe de viños e tapas que o enólogo Nacho Álvarez dirixía no Restaurante Piquiño do Barco. Nela degustábanse un total de once referencias diferentes harmonizadas con seis pratos.

“Esperamos que este sexa o comezo de máis catas e que este tipo de iniciativas supoñan un avance para todos e tamén para a zona”, dicía Marcos González do Restaurante Piquiño ao comezar a maridaxe. “A idea á facer una cata espello, é dicir cada un dos pratos vai con dous viños. Iso tamén permitirá contrastar matices entre os viños e probar os pratos de formas diversas”, explicaba Nacho Álvarez.

Os dous primeiros viños eran un sauvignon blanc alemán e un branco da adega Abadía da Cova, elaborado con albariño, treixadura e godello. Maridábanse con berberechos de ría ao vapor. Despois servíase un chardonnay, tamén alemán de 2017, fermentado en barrica, e o godello de 2016 La Loma de Picón (Bierzo), fermentado en formigón. Harmonizábanse cunha tosta de salmón marinado con mantequilla de enaldo.

 

 

A continuación, viñan dous rosados: Capricho (mencía) do Bierzo e de merenzao de Abadía da Cova (Ribeira Sacra). Acompábanse cunha suprema de bacallau en salsa romescu.

 

 

Logo dábase paso aos tintos cun mencía do Bierzo e co mencía ecolóxico de Abadía da Cova, maridados cun quenelle de chocolate. E, deseguido, catábanse un caíño (100%) de Abadía da Cova e unha garnacha tintureira con raviolis de tenreira galega con trufa branca.

Finalmente, degustábase un cava catalán rosado, tras o pertinente degüelle, xunto cunha sobremesa de sorbete de mango.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button