ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

Brinde e 12 uvas polo 2021 nas inmediacións da Mesa dos Catro Cabaleiros

 

O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, o alcalde de Samos, Julio Gallego, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, e o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda (de dereita a esquerda), subiron hoxe ata as inmediacións da Mesa dos Catros Cabaleiros (punto no que se unen catro concellos lucenses: O Incio, Samos, Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón) para comer as doce uvas cando o reloxo marcou o mediodía e facer un brinde por un ano 2021 cheo de saúde para todos e todas.

A neve non lles permitiu chegar ata arriba de todo, pero comprometéronse a volver cando o tempo mellore.
A rexedora do Courel agradeceu a implicación e colaboración da Asociación Fonte do Milagro, que mantén viva esta tradición e axuda cos seus preparativos e a súa realización.

 

Artigos relacionados

Back to top button