As fortes rachas de vento das últimas horas causaban tamén a caída dunha das árbores do xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco), tal e como pode verse nesta imaxe cedida. Xa se está procedendo á súa retirada.
Son varias as incidencias causadas polo temporal no Barco, onde podía tamén comprobarse como as cadeiras dalgunhas terrazas do Malecón se vían desprazadas pola forza do vento.
Fotos cedidas.