Na soleada e calurosa mañá deste domingo 14 de abril disputábase no encoro de San Martiño, na Rúa, a primeira xornada do encontro da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras, que reunía a unha decena de pescadores que se queixaban de que non picaban. “O que máis hai son carpas que non puntuan e marchan con todo”, aseguraban.
A segunda xornada do social terana no mes que vén, o vindeiro 12 de maio.
Fotos: Mónica G. Bellver