CulturaCulturaÚltima hora

Cambio no horario dos “Venres de Conto” en Verín, que serán ás 20h.

Paco Nogueiras presentará en Verín o seu espectáculo “Extra!”.

 

Segundo confirman desde a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, as actividades organizadas dentro da iniciativa “Venres de Conto” terán lugar ás 20:00, en lugar das 21:00 horas, na rúa Irmans la Salle.

Así pois, este venres pequenos e maiores poderán desfrutar unha hora antes do axendado do espectáculo “EXTRA” de Paco Nogueira baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Próximas actuacións

20 DE AGOSTO | “ISTO NON É SÓ UNHA CAIXA”. De Sarabela Teatro
Espectáculo de contos e viaxe coa imaxinación con Sarabela Teatro baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

27 DE AGOSTO | “BRINCADEIRA PIRATA” da compañía de teatro infantil Galerna Crúa Espectáculo de dinamización con música, teatro e danza da man da compañía de teatro infantil Galerna Crúa.

Estas actividades están enmarcadas dentro do Programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín. Aforo limitado a 30 nenos e nenas.

Artigos relacionados

Back to top button