En portadaÚltima hora

Camiñando por un canal valdeorrés de época romana

Medio cento de persoas participaban o 30 de xuño nunha andaina turística con saída dende Portela (Petín)

 

Son 12 km de percorrido pola natureza pero tamén pola memoria mineira valdeorresa. Na mañá do domingo 30 de xuño medio cento de persoas participaban nunha andaina deportiva e turística que percorría a canle construída hai dous mil anos por Roma para abastecer de auga a mina de ouro de Vilanuide (Quiroga), tomando ese líquido elemento do río Xares, en terras valdeorresas.

A iniciativa estaba promovida pola Asociación de Veciños a Rabiosa de Portela. A ruta, cun trazado circular, iniciábase na Portela de Portomourisco (Petín) e discorría pola canle romana e tamén por zonas de O Seixo (O Bolo).

A organización contaba coa colaboración de Protección Civil de Petín.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button