ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Campaña de sensibilización do Fulión Alternativo de Viana para facer un “Entroido seguro”

 

Achégase o tempo do Entroido, pero desta volta a situación sanitaria impedirá celebrar esta tradición neste 2021 tal e como se viña facendo. Co fin de sensibilizar e de concienciar á veciñanza da importancia de cumprir coas medidas sanitarias fronte ao Covid-19, especialmente nestas datas, o Fulión Alternativo de Viana do Bolo vén de lanzar unha campaña a través das redes sociais, co lema “que este sexa un Entroido seguro está nas nosas mans”.

Imaxes: Fulión Alternativo de Viana do Bolo.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button