Do 24 ao 28 de xuño desenvolverase o Campus de fútbol “Gema Fernández” organizado pola propia Gema en colaboración do Concello de Vilariño de Conso.
Será en horario de 9 a 14:30 horas para nenos de 7 a 15 anos e custará 90 euros con opción de acollida e recollida (+ 5 euros o día). O prezo inclúe clases de fútbol, piscina e seguro de responsabilidade civil, camista oficial do campus, merenda diaria, sorteo de camiseta do Rayo Vallecano e do Aniquiladoras, equipo do que forma parte Gema.
Inscricións en: campusinscripciones@gmail.com