
Entre as actividades deseñadas dende o Concello de Viana do Bolo para conmemorar as Letras Galegas do 2020 está unha proposta moi especial. “Viana é terra de escritores e dende o Concello, e dada a situación neste ano, contactamos con autores vianeses para que nos enviaran un video relacionado co autor ao que se lle dedican as letras”, explica o alcalde vianés, Secundino Fernández.
Os autores participantes son: Manoli Vicente, Nieves Fernández, Serxio González, Xesús Salgado e Carlos X. Ares. De feito este último escritor e investigador social é o que abre a quenda de vídeos, que serán publicados dende este sábado 16 ata o mércores 20 de maio no Facebook do Concello de Viana.
Carlos Xabier Ares Pérez é Graduado Social pola USC, Investigador Social, escritor e formado en Antropoloxía Social e Cultural, Etnografía, Patrimonio Inmaterial e Etnoarqueoloxía (UNED Pontevedra). Músico (gaita e clarinete). Estudoso e divulgador da historia, patrimonio e cultura galega. Autor de diferentes ponencias, libros, artigos e outros traballos, entre os que podemos reseñar o libro de historia de Viana do Bolo “Ilustres”. Gañador en 2019 do XXIII Premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais, coa obra “Festividades de Inverno na Provincia de Ourense: máscaras, personaxes e rituais.
Dende o Concello de Viana maniféstanse as súas “máis efusivas grazas a todos os participantes” neste iniciativa cultural.
Vídeo de Carlos Ares lendo un poema de Ricardo Carvalho Calero, “Muller dormida”