En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Carlos Blanco e Luis Davila, pregoeiros da XVII Festa do Botelo

Publicidade
A cita gastronómica celebrarase o 21 de xaneiro con actividades complementarias durante toda a fin de semana

A un mes da celebración da XVII edición da cita co Botelo, Festa da Interese Turístico de Galicia, a Concellería de Cultura do Barco de Valdeorras fai público dous datos importantes: o cartaz e os pregoeiros.

Con respecto ao cartaz, repítese o mesmo da pasada edición con pequenas modificacións e a mensaxe “repetimos” cun dobre sentido “o feito de que sexa o mesmo deseño e tamén que a xente pode repetir o que queira”, explicou a edil Margarida Pizcueta acompañada na rolda de prensa polo alcalde do Barco, Alfredo García.

O outro dato que avanzaban na presentación eran os nomes do actor Carlos Blanco e do debuxante Luis Davila como pregoeiros desta edición no mediodía do 21 de xaneiro no Teatro Lauro Omo. No mesmo lugar, os dous artistas porán en escena o espectáculo “Menú da noite”, o domingo día 22 ás 19h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button