Dende o Club Montañas de Trevinca vén de facer pública, a través dunha carta para dar a coñecer, a súa postura fronte “o máis grave ataque na actualidade ao Patrimonio Natural de Galicia, como é, o proxecto de construción de un parque eólico de grandes dimensións na Serra do Eixe (Ourense), brazo principal con final en Pena Trevinca – Cima de Galicia (2127 m), dentro do importante macizo montañoso coñecido como Montañas de Trevinca, que, con seus vales e lagoas glaciares de importantísimo valor natural e patrimonial non so a nivel galego, se non ademais, dentro do conxunto de montañas españolas”, en palabras do seu presidente, Antonio Fernández “Cholo”.
A postura contraria aos parques eólicos neste entorno natural que defende este club na carta ten recibido xa diferentes adhesións tanto de entidades e particulares. Aqueles que queiran facerlle chegar o seu apoi poden facelo a través das redes sociais do Club Montañas de Trevinca: https://www.facebook.com/montanas.detrevinca
A carta completa do club pode lerse aquí:
20210124 basta xa Parque Eolico_Gal v2