CarballedaConcellosÚltima hora

Casas queimadas polo incendio forestal, tamén na Medua (Carballeda de Valdeorras)

 

O lume tamén deixaba o seu rastro dramático na Medua (Carballeda de Valdeorras) na pasada tarde. Así ardían un par de casas desta localidade (unha delas habitada e a outra pechada) e dúas palleiras, segundo confirmaban a este medio de comunicación os veciños.

Os propietarios da casa habitada loitaban con mangueiras contra as chamas ata que, finalmente, a Garda Civil, por precaución ante a perigosidade da situación, evacuábaos ás 23:30h. da pasada noite.

Tratábase da casa número 17 da Medua, que malia non ser vivenda habitual, si acostumaba ocupada durante varios días a semana.

Ademais, ardían zonas de castiñeiros próximas a esta localidade, ante a desolación dos veciños, producíanse numerosos danos en fincas e algúns camiños secundarios de acceso á Medua e unha vía principal están bloqueados pola caída de árbores queimados.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button