Ás 19:19h. quedaba extinguido o incendio forestal, que se iniciaba na pasada medionoite en Chaguazoso (Vilariño de Conso), tal e como vén de informar a Consellería do Medio Rural. Finalmente a superficie afectada é de 213,05 hectáreas, segundo as medicións realizadas tras a extinción, unha cifra inferior ás estimacións realizadas mentres o lume estaba activo.
Nos labores de extinción deste lume traballaban 9 axentes, 20 brigadas, 8 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.