ConcellosÚltima horaVídeos

Case 300 persoas no VIII Magosto Popular de Castro Caldelas

 

Unhas 276 persoas desfrutaban dunha noite de foliada o sábado 4 de novembro en Castro Caldelas coa celebración do seu VIII Magosto Popular, na nave do Toural. O menú, ademais de castañas, estaba protagonizado por outros produtos caldelaos: orella, chourizos, carne ao caldeiro con patacas, carne richada, bica manteigada e viño mencía (Ponte da Boga), ademais de café, chupitos. Tampouco faltaban as copas e baile ata a madrugada co Trío Salero.

 

 

Ademais, “grazas aos establecementos da vila que nos doaron lotes de produtos”, tiña lugar un sorteo e todos os nenos asistentes recibían un agasallo, tal e como destaca a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button