EconomíaEconomía

Castaña, viñedo e apicultura, na Xornada de Granxas Abertas do SLG en Manzaneda

 

Manzaneda será o escenario dunha nova Xornada de Granxas Abertas, que organizará o Sindicato Labrego Galego (SLG) o vindeiro xoves 9 de xuño ás 11:30h. cun recibimento de Lito Prado no que realizará unha interpretación da paisaxe, falará das oportunidades e recursos do rural e da problemática das persoas que viven.

Xa ás 12:30h. farase unha visita á Amarelante SCG. coidadores de soutos e produtores de castañas e doutros produtos, ás 15:30h. está previsto un café con Rubén Fernández, un mozo apicultor de Chandrexa de Queixa que amosará a súa experiencia e logo ás 17h. os participantes coñecerán o proxecto de Daterra Viticultores, da man de Laura Lorenzo.

Esta iniciativa formativa, aberta e gratuíta, permitirá “achegarnos e coñecer de xeito directo tres proxectos produtivos, e fornecendo distintos espazos de análise, debate e intercambio”, din dende o SLG.

Artigos relacionados

Back to top button