ConcellosO BarcoÚltima hora

Castañas, chourizos e unha gran variedade de doces caseiros, no magosto das Amas de Casa do Barco

 

Como cada ano por estas datas, na tarde deste xoves 9 de novembro O Chao, no Barco de Valdeorras, acollía a tradicional merenda coa que as Amas de Casa ‘O Teixadal’ celebran o seu particular magosto.

 

 

Unha merenda-cea na que non faltaron os chourizos cocidos, as castañas asadas e por suposto os tradicionais doces caseiros. Nesta ocasión había tarta de conchos, tarta de castañas, tarde mazá e tiramisú. Para beber, un rico e fresquiño Lambrusco e de fondo música para animar a xuntanza.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button