A Asociación de Veciños de Santiago de Castillón e a Asociación cultural Segredos de Pantón únense este ano nun proxecto común: converter “o lugar de Castillón (Pantón) nunha aldea de conto, decorándoa con elementos do Nadal e amosando as nosas tradicións”.
Esta iniciativa naceu o pasado ano da man de Segredos de Pantón, explican os promotores, “para colaborar con diferentes asociacións veciñais de Pantón e ir cada ano decorando as nosas aldeas pola época do Nadal. Para amosar que facendo uso da nosa imaxinación podemos decorar as nosas aldeas e ser respetuosos co medio ambiente”.
Neste senso ambas asociacións convidan “a tódalas persoas a que se acheguen ata Castillón e desfruten coas nosas decoracións e con esta fermosa aldea”.
Fotos cedidas.