ConcellosÚltima hora

Castro Caldelas celebrará o Magosto o 4 de novembro

Imaxe da pasada edición do Magosto de Castro Caldelas./ Cedida.

 

A nave do Toural será escenario o vindeiro 4 de novembro ás 20:30h. do Magosto do Concello de Castro Caldelas. A celebración incluirá un menú a base de pincho de orella, chourizos asados, carne ao caldeiro con patacas, carne richada, bica manteigada, castañas, ademais de viños da D.O. Ribeira Sacra. O prezo da entrada será de 15 euros e pode adquirirse no Concello.

“De novo haberá prezos asequibles a todos (os nenos ata os 6 anos gratis e de 6 a 12 a 7€)”, explica a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, destacando ademais que “os produtos que se sirven son todos da zona. Todos os anos ten unha gran aceptación esta celebración á que asisten gran parte dos caldelaos e xente que se achega doutras zonas ao igual que os turistas”.

Así o Magosto de Castro Caldelas reúne “bos produtos de calidade, bo ambiente, música en vivo e moita ledicia compartida entre todos”, indica a alcaldesa.

 

Artigos relacionados

Back to top button