CulturaCulturaÚltima hora

Castro Caldelas entrega os I Premios do Foro do Burgo

 

A igrexa de Santa María do Burgo (Castro Caldelas) acollía na tarde do 11 de novembro a cerimonia de entrega dos I Premios do Foro do Burgo, un acto que reunía aos galardoados, autoridades e á veciñanza desta localidade e deste municipio da Ribeira Sacra. Os gaiteiros da Escola Municipal de Música de Castro Caldelas e o músico Marcelo Dobode poñían a nota musical do evento.

O acto foi presentado polo director da UNED de Ourense. Jesús Manuel Garcí e a acta foi lida polo cura párroco J. Manuel Armesto. No decurso da cerimonia o historiador Manuel Carrete disertaba sobre o foro e a reivindicación de Castro Caldelas como “berce do galego”, lembrando os 795 anos de historia deste primeiro documento en lingua Galega.

As persoa premiadas nesta primeira edición recibían a distinción, consistente nunha reprodución artesá do carimbo do documento asinado no foro, feito pola pintora caldelá Maite Vázquez e porCarlos Costoya. Cada premio é único, sendo unha peza de arxila cocida pintada a man.

 

 

 

Os galardoados eran o doutor Eduardo López Collazo, que non puido asistir por motivos de saúde; a Fundación Vicente Risco (recollido pola súa presidenta), a escritora Helena Villar Janeiro que recibía o galardón de mans de Jesús Río Ramilo, párroco xemelgo do de Becerreá, terra natal da escritora.

Tamén era premiado o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, que recibía o galardón de mans do bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos, así como a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, á quen llo entregaba a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

 

 

Tras as intervencións, os premiados asinaban no Libro de Ouro do Concello e no da Parroquia.
Ao remate todos degustaban un Magosto e produtos da zona no “Pósito” do Burgo. A organización deste acto contaba coa colaboración do servizo de Protección Civil de Castro Caldelas e de veciños.
A alcaldesa agradecía a todos a súa colaboración e resaltaba a importancia deste evento cultural e do lugar donde se celebraba.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button