ConcellosÚltima hora

Castro Caldelas estrea banco-miradoiro na vila

Estase a instalar a nova sinalización turística nesta localidade

 

Castro Caldelas  vén de empezar a instalar a nova sinalización turística pola vila, así como o novo banco-miradoiro dende onde “se pode sacar a foto máis bonita da vila”, di a súa alcaldesa, Sara Inés Vega.

Ademais está previsto que nos vindeiros días queden instalados os grandes totem-carteis turísticos nas entradas de Castro Caldelas, así como o cartel oficial que o identifica como “Uno de los Pueblos más bonitos de España” no inicio da zona vella.

Coa nova sinalización renóvase e amplíase a xa existente. Tamén quedará perfectamente regrada a circulación do tráfico na zona histórica da vila con sinais adecuados ao entorno.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button