En portadaÚltima hora

Castro Caldelas prepárase para a “Festa do Fachós”

Comezará en torno ás 19:30h do 19 de xaneiro e trátase dunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia
Imaxe da pasada edición da Festa dos Fachós./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na véspera de San Sebastián, o 19 de xaneiro, entre o “lusco e fusco”, como manda a tradición. Porase en marcha a ancestral e espectacular Festa dos Fachós de Castro Caldelas. En torno ás 19:30h. unha procesión, encabezada por un xigantesco fachón de palla e centos de “fachós” pequenos sairá do Santuario dos Remedios e percorrerá o Casco Histórico, arrodeando o Castelo e facendo o percorrido en plena escuridade (soamente o Castelo está alumeado).

A procesión reematará no atrio do Santuario onde se queimarán os restos do fachón nunha gran fogueira, culminando o rito do lume purificador en medio do toque de campás. A partir de aí comezará a parte gastronómica da festa. Poderán degustarse chourizos feitos e curados con fume de carballo de Castro Caldelas, o pan artesán de forno de leña, o viño da DO Ribeira Sacra e unha monumental “Queimada” dan o toque final a esta festa.

 

A alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, o pasado ano nos Fachós coa alcaldesa de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ademais nesta edición a festa contará con certas sorpresas. Unha delas será un espectáculo de música e de recreación do lume, da seitura… “Como novidade este ano os artistas Bruxo Queiman e Andrea pousa, o actor Rubén Riós, os músicos MILSON’S, os gaiteiros Airiños e Trabazos e o Folión O Irrio de Caldelas acompañarán esta noite máxica nun espectáculo único de exaltación do lume creado en exclusiva para esta Festa.

Nesta celebración será gravado un video promocional dos FACHÓS e o grupo MILSON’S gravará un VideoClip”, tal e como adianta a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

 

Cartel desta edición dos Fachós de Castro Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button