EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata de viños valdeorreses maridados con conservas, no Aguillón (A Rúa)

 

Entre as actividades que nesta fin de semana se están a desenvolver dentro do programa da “Primavera das Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras” incluíase unha cata de viños desta denominación de orixe maridada con conservas, que tiña lugar esta mañá no Aguillón (A Rúa), á beira do encoro de San Martiño.

A cata, dirixida pola sumiller Mercedes González, incluía 4 viños valdeorreses das adegas O Casal, Godeval, Roandi e Alán de Val (todas asociadas á Ruta do Viño de Valdeorras). Un total de 22 persoas (procendentes da comarca, pero tamén de Lugo, Vigo e mesmo algúns americanos) desfrutaban desta actividade, que se acompañada con conservas de Anfaco-Cecopesca (mexillóns, calamares, sardiñas e zamburiñas). Ademais contábase cunha regueifeira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

https://youtube.com/shorts/rk0kn3ixRco?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button