En portadaÚltima hora

Cata maxistral da D.O. Valdeorras en Bilbao, convidada pola Asociación de Sumilleres de Biscaia

Incluirá un túnel do viño maridado con queixos das D.O.P. Tetilla e D.O.P. Arzúa-Ulloa

Imaxe dunha copa de godello da D.O. Valdeorras./ Foto: A.R.

 

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras celebrará esta tarde ás 18:30 horas en Bilbao, unha cata maxistral, invitado pola Asociación de Sumilleres de Biscaia. Os anfitrións organizan esta actividade na que participará “unha representación de viños, un pouco singulares, da nosa D.O.”. Así o explica Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador e tamén director de dita cata.

O evento contempla ademais, a celebración dun túnel do viño, no que se combinará a degustación dos viños valdeorreses amparados, con queixos procedentes das Denominacións de Orixe Protexidas (D.O.P.) Tetilla e Arzúa-Ulloa. Para Mazaira, “sempre é importante reforzar as catas que fagamos, con bos productos que ademáis, son da nosa terra”.

Entre 35 e 40 profesionais do mundo do viño acudirán á cita, nun evento, so para asociados, que se desenvolverá no Hotel Ercilla de Bilbao.

Back to top button