Analizábanse sete viños nunha actividade dirixida pola sumiller Mercedes González
Comezando polos viños xoves, de godellos a mencías, e rematando cun de garda. Así discurría a cata popular que se celebraba no mediodía do 12 de xullo no marco da XVIII Feira do Viño de Valdeorras, na praza de Viloira (O Barco). Nela participaban numerosas persoas que seguían as explicacións e indicacións da sumiller Mercedes González.
Unha a unha, e pasando por cada unha das fases da cata (visual, oltativa e gustativa) íanse valorando as sete marcas distinguidas na cata oficial desta edición da feira. Principiábase polos godellos: D’Berna, A Coroa e Viñaredo. Logo pasábase aos mencías: Quinta da Peza, Ruchel, Hacienda Ucediños. E, como broche, o Domus Roandi 2011.
Fotos: Ángeles Rodríguez