Saborear os produtos de Valdeorras tamén é posible nesta IV Exposición Agrogandeira de Trevinca “Crianza Trevinca”, que se está a desenvolver nesta fin de semana no Coiñedo, na Veiga. Así o programa inclúe diversas catas dirixidas pola enóloga María Eugenia Medina e tamén degustacións para os visitantes da mostra.

Na mañá deste 19 de outubro desenvolvíase unha cata de viños da Denominación de Orixe Valdeorras con queixos “Cumbre de Trevinca” e para mañá, 19 de outubro, ás 12:30h. está prevista outra de viños valdeorreses, acompañados por marmeladas de arandos e mel “Montañas de Trevinca”. Para poder participar é preciso inscribirse previamente en centroapicolaprada@gmail.com ou no teléfono 603 71 96 73.
Fotos: O SIL
19 de Outubro de 2024