Como cada ano dende o 2003 (unicamente fallaron nunha ocasión), o grupo de “Quintos do 77” de Valdeorras reuníase na adega do Peyma en Fontei (A Rúa) para desfrutar dunha boa cea.
Nesta ocasión eran 24 os homes que, na noite do sábado 24 de febreiro, degustaban un suculento menú a base de entremeses variados, langostinos cocidos e á grella, centolos, zamburiñas, cabrito con ensalada e postre. Ademais do viño e o café.
Fotos: Mónica G. Bellver.