ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Cea da Lardeira no Bolo

Esta animada celebración do Xoves de Comadres tiña lugar no restaurante Volobriga e nela participaban medio cento de persoas

Medio cento de mulleres dos diferentes pobos do municipio do Bolo reuníanse na noite do 28 de febreiro no restaurante Volobriga para celebrar a “Cea da Lardeira”. Entre as participantes, todas orixinalmente disfrazadas, había veciñas de Celavente, Xava, As Ermitas, Celeiros, Chao do Castro, Lentellais… Había tamén varios homes disfrazados que se sumaban á cea e mesmo cantaban algunha que outra canción.

Esta cea estaba presida pola Comadre, “feita como antigamente a elaboraban as mozas do pobo”, din dende a organización. Ademais no decurso da cea rendíaselle unha pequena homenaxe, coa entrega dun agasallo, ás cinco persoas de máis idade do grupo. Ademais había sorteo dalgúns detalles entre os asistentes e todos levaban un diploma de recordo.

Ademais facíaselle entrega dunha placa á organizadora, Florinda, para recordar o evento, facéndoa ademais presidenta das Comadres de Celavente. E como broche da noite, e como agasallo do veciño do Bolo Pichín a todas las comadres, viña a actuación de Joe Carey que amenizou coa súa música esta noite tan especial que as participantes xa están pensando en volver a repetir.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button