ConcellosÚltima hora

Cea-relatorio “A vaca na Galiza”, en Allariz

Terá lugar o 17 de abril e será promovida pola Fundación Vicente Risco e por A Despensa do Alarico
Detalle do cartaz desta actividade.
Detalle do cartaz desta actividade.

Ao redor da carne de tenreira ecolóxica xirará a Cea-relatorio “A vaca na Galiza” que se desenvolverá o venres 17 de abril no Hostal Alarico de Allariz. A actividade comezará a partires das 20:30h. cunha ponencia de Xosé Luis Vaz, xerente da Cooperativa Verín Biocoop, titulada “Somos os xardineiros da natureza”. Nela Vaz exporá as características da carne ecolóxica de razas autóctonas galegas en perigo de extincións, así como o seu valor e as vantaxes que supón.

Esta iniciativa, promovida pola Fundación Vicente Risco e A Despensa do Alarico, está incluída na actividade chamada “Venres de Sabor” co fin de “valorizar, como gustaría don Vicente, a volta ao natural, ás sensacións, aos aromas”. Asemade preténdese amosar as novas tendencias “que os nosos emprendedores están a impulsar partindo da tradición, ao tempo que valorizar a importancia que o rural ten no conxunto da economía galega”.

Artigos relacionados

Back to top button