Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Celebración reivindicativa en Acevedo (Chandrexa) contra o polígono eólico

 

De celebración e convivencia vestía a veciñanza de Acevedo (Chandrexa de Queixa) a súa reivindicación contra a instalación do polígono eólico “O Xesteirón” nos seus montes. Así o 14 de agosto celebraba unha xornada festivo-reivindicativa baixo o lema “Queixa vive!”, que congregaba a unhas 70 persoas, o que dende a organización se valora como “un exitazo, xente extraordinaria que chegou de moitos lugares de Galicia e de España, participativos, involucrados, respetuosos e con ganas de coñecer e aprender”, din os promotores deste encontro, que servía ademais para recadar fondos destinados á loita dos veciños contra o polígono.

O programa iniciábase pola mañá cun percorrido guiado pola serra “Paseando Pena Redonda”, da man da Raquel de Acevedo, coñecedora da historia da zona, por Ucedo, Pena Redonda, Pozo da Canteira, Penas das Cuncas e Forno… Despois había comida comunitaria e faladoiros coa veciñanza de Queixa.

 

 

No xantar que organizaron os veciños foi aumentando o múmero de asistentes ata máis de cen, e a asistencia aínda se ampliou máis pola tarde coa conferencia escénica de Brigitte Vasallo, Queixa [què volen aquesta gent], coa veciñanza de Chandrexa de Queixa e dirixida por Gena Baamonde. O broche da xornada poñíase con chocolatada, bicas e festa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button