En portadaÚltima hora

Celebrando a lúa chea de agosto cun percorrido en piragua en Viana do Bolo

Publicidade

 

Novamente, dun xeito moi especial, vén de celebrarse a chegada da lúa chea de agosto dende o Club Náutico de Viana do Bolo: cun fermoso e animado percorrido nocturno polo encoro. Na medionoite de onte, unha trintena de persoas dábanlle unha volta á vila en piragua desfrutando desta vista nocturna de Viana e tamén do traxecto pola auga á luz da lúa.

 

 

Ademais, na celebración non faltaba os brindes con licor café e de herbas. “A pena é queo nivel das augas impediunos cruzar o encoro xa que a ponte vella víase e non nos deixaba pasar”, explican dende o club.

Así mesmo, con esta singular actividade náutica e lúdica (organizada dende o club e aberta á cidadanía) este grupo de vianeses venlle de dar á benvida ás festas da vila que comezan esta fin de semana.

Fotos cedidas polo Club Náutico de Viana do Bolo.

 

Artigos relacionados

Back to top button