AletismoDeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Centos de cativos participan na Rúa no provincial de cross de categorías base

 

Preto de 700 eran os cativos inscritos na final provincial de campo a través que se está a desenvolver na área recreativa do Aguillón, na Rúa.

Xoves atletas procedentes dos diferentes clubs da provincia de Ourense (Adas Cupa, Atletismo Ourense, Atletismo Rúa, Escola Atlética Ben-Cho-Shey, CD La Purísima, IES Nº 1 O Carballiño, E.D. Barbadás,…) que compiten polo podio nunha fresca pero soleada mañá de sábado.

 

 

Finalmente eran menos os corredores que si se desprazaban ata aA Rúa (en torno a 400). Ás 10:45 horas deste sábado 11 de febreiro, os primeiros en saír eran os corredores da categoría cadete masculina (os valdeorreses Martín Rey e Víctor Delgado eran 4º e 5º, respectivamente). Despois facíano as da cadete feminina (Nicoll Sánchez do Adas era 3ª); infantil masculino (José Hervella e Mateo Valcarce do Adas eran 3º e 4º, respectivamente); infantil feminina; alevín masculino; alevín feminina; benxamín masculino; e benxamín feminina.

Por equipos, o Adas Cupa impúxose en cadete masculino e infantil masculino, sendo terceiro en infantil feminino e segundo en alevín masculina.

Esta proba será organizada polo Servizo Provincial de Deporte da Xunta en colaboración coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo e o Concello da Rúa.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button