En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Cereixas, viño, aceite e moito máis no XX aniversario da festa de Ribas de Sil (Lugo)

 

A cereixa, pero tamén o viño e o aceite. Son os tres produtos de referencia no municipio de Ribas de Sil que exaltan cada ano durante a festa que se celebra no mes de xuño no entorno da Praia Fluvial de San Clodio. “Cando empezamos coa festa tiñamos 7 produtores de cereixa e agora temos 3, dous de Casares e un de Figueiredo que son as zonas que máis produción de cereixa teñen”, explica o concelleiro de Cultura de Ribas de Sil, Roberto Castro. El mesmo conta que o que fixeron foi ir engadindo outros produtos importantes dentro do territorio como o aceite. “Despois decidiuse que tamén había que promocionar o viño, de feito agora en Ribas de Sil hai dúas adegas novas, unha delas ligada a un proxecto de enoturismo moi importante”.

 

 

Así logran manter un nivel de stands e de produtores locais que nesta fin de semana se reunían de novo na XX edición da festa Festa da Cereixa de Ribas de Sil, enchendo de vida a beira do río Sil. O recinto feiral abríase xa o sábado pola mañá con degustación de cereixas e demais produtos típicos (artesanía, froita, queixos, artigos de decoración,…), pero o acto central deste domingo 2 de xuño era o pregón, a cargo do presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga Díaz, previa presentación do novo logo do Xeoparque Montañas do Courel.

 

O pregoeiro, José Antonio Quiroga (presidente da CHMS) e o alcalde de Ribas de Sil, Miguel A. Sotuela.

 

Na animada xornada deste domingo, a animación musical pola feira corría a cargo da charanga Km0 e do grupo tradicional O Ventosiño, pola mañá; e da charanga e Paco Nogueiras xa pola tarde.

 

 

Máis información e fotos:

José A. Quiroga en San Clodio: “O río Sil é o auténtico arquitecto destas terras”

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button