ConcellosÚltima hora

Charla culinaria sobre cogomelos na Veiga

Esta actividade, enmarcada nunhas xornadas sobre cooperativismo, incluía unha demostración de cociña
Alejandro Mínguez, impartindo esta charla culinaria na Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.
Alejandro Mínguez, impartindo esta charla culinaria na Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

Son moitas e moi variadas as posibilidades que ofrecen os cogomelos na cociña. Algunhas delas expoñíanse no decurso da charla culinaria que impartía na mañá do 8 de novembro na Veiga Alejandro Mínguez, propietario da Tapería Plan C de Celanova. Ademais de referirse aos cogomelos máis interesantes dende o punto de vista gastronómico, tamén explicaba cómo deben recollerse nos monte e logo limparse antes de ser cociñados. “O máis axeitado é facelo cun pincel ou cun pano de cociña e tratar de non meterlles auga, aínda que ás veces isto é inevitable se traen moita terra”.

Tamén daba unha serie de recomendacións sobre os cogomelos que se poden atopar no supermercado e logo indicaba como poden conservarse estes produtos de outono: secos, en conserva, conxelados, en aceite, en vinagre, sal e azucre.”O mellor sistema de conservación para min é o deshidratado tanto por cuestións de aromas como de espazo”, matizaba Mínguez. E, de seguido, plantexábanse unha serie de pratos con cogomelos.

Demostración de cociña cunha serie de pratos con cogomelos./ Foto: Carlos G. Hervella.
Demostración de cociña cunha serie de pratos con cogomelos./ Foto: Carlos G. Hervella.

Asemade a sesión incluía unha parte de demostración, na que se amosaba un menú micolóxico que incluía, ademais dunha sopa, unha ensalada con Cantharellus tubiformes frescos e unha sobremesa con Boletus.

Esa actividade, que remataba cunha degustación dos pratos, formaba parte do programa das Xornadas de Cooperativismo no Concello da Veiga e celebrábase no Centro TIC-Biblioteca.

Artigos relacionados

Back to top button